Retírase unha grúa de grandes dimensións na rúa Valle-Inclán en Riveira
O Concello de Riveira informa da retirada dunha grúa de grandes dimensións situada nun solar da rúa riveirense de Valle-Inclán onde estaba prevista construír unha edificación que quedou paralizada.
Foi o Concello o que, a requirimento dos propios veciños da rúa, instou á empresa responsable da obra para que procedese a desmontar esta estrutura duns 15 de altura, feito que aconteceu esta mesma mañá. Levaba alí situada dende o 2008.











