Período de cobro do imposto sobre vehículos de tracción mecánica en Riveira
O Concello de Riveira informa da apertura entre os días 15 de marzo e 15 de maio do período voluntario de cobranza do imposto sobre vehículos de tracción mecánica correspondente ao exercicio 2014.
Os recibos que estean domiciliados pasaranse ao cobro polo procedemento habitual a partir do vindeiro luns 17 de marzo.
En canto aos contribuíntes cuxos recibos non estean domiciliados, recibirán no seu domicilio un documento cobratorio para efectuar o pago en calquera das entidades financeiras colaboradoras.
No caso de que algún contribuínte non recibise o devandito documento cobratorio, deberá recollelo na Tesourería Municipal a partir do 15 de abril.











