Os nenos do Porriño xa poden inscribirse no campamento polideportivo “Príncipe Felipe”
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Porriño, dependente da Concellaría de Mocidade que dirixe Iria Lorenzo, informa da celebración, un ano máis, do campamento polideportivo na Cidade Infantil Príncipe Felipe, en Pontevedra. Todos os nenos e nenas nacidos entre os anos 2000 e 2007 (ambos os incluídos) poderán participar desta actividade organizada pola Deputación provincial.
Estableceranse seis quendas, de cinco días cada un, dando comezo o 7 de xullo e finalizando o 23 de agosto.
As persoas interesadas poden obter máis información nas dependencias da OMIX, no centro cultural municipal, en horario de luns a venres de 09.00 a 21.00 horas e os sábados de 10.00 a 14.00 horas, ou tamén visitando a páxina www.depo.es.











