Os maiores visitan ás instalacións do Museo do Gravado de Artes en Riveira

Visita ao Museo do Gravado de Artes
Alumnos do Programa Municipal para a Dinamización Social dos nosos Maiores e do curso de aproximación á cultura galega Vivimos en Galicia tiveron ocasión de percorrer esta mañá as instalacións do Museo do Gravado de Artes e coñecer as coleccións que alí se están a exhibir.
Da man da directora temporal desta instalación, Lidia Sánchez, e asistidas tamén pola responsable municipal de Normalización Lingüística, Alicia Padín, unha vintena de participantes quedaron abraiados co talento que se desprende de coleccións como “Randeeira”, do noiés Delio Sánchez, entre outras.
A organización da visita fíxose baixo a colaboración das Concellerías de Educación e Servizos Sociais de Riveira.











