O proxecto “Riveira, entornos saudables” ten luz verde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

A xunta directiva da asociación de desenvolvemento local Deloa deu o visto bo na súa reunión de hoxe á actuación “Riveira, entornos saudables”, unha iniciativa promovida polo Concello de Riveira que está orzamentada en  317 796,61 euros e ten como obxectivo a mellora da calidade de vida do medio rural a través do desenvolvemento de lugares de alto valor natural e da posta en valor do patrimonio cultural, fomentando as actividades turísticas e diversificando a economía do entorno.

De acordo cos criterios de baremación, o proxecto alcanza unha portentaxe de axuda Leader do 58%, o que equivale a 184.322 euros.

O obxecto antedito será abordado a través da implantación dun itinerario que permitirá vivir a experiencia de dous entornos privilexiados e cualitativamente distintos: o miradoiro de Pedra da Ra e o parque de San Roque, que estarán unidos por unha ruta biosaludable itinerante onde se poderán recoñecer distintos atributos de excelencia patrimonial e natural, permitindo ademáis a conexión do entorno urbano con equipamentos públicos.

A actuación incluirá un corredor urbano verde e unha ruta de sendeirismo, ao tempo que se concibirá un parque de aventura ecosaudable que inclúa a disposición de elementos de ocio e aventura integrados no entorno..

Restauración do miradoiro

Contémplase ademais a restauración da Pedra da Ra, visiblemente deteriorado no día de hoxe, a través da adecuación do acceso ao mirador e a instalación dun nobo graderío de madeira.

5 de marzo de 2014 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.