O Porriño celebra os desfiles de Entroido este mércores, sábado e domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

O mal tempo está a ser o gran inconveniente do entroido deste ano. O Concello de Porriño, do mesmo xeito que outros municipios, viuse obrigado a suspender a programación por motivos da climatoloxía adversa, así si o pasado sábado día 1 non puido celebrarse o pregón, o primeiro gran desfile de comparsas e o Xogo da Onda, entre outras actividades, de novo hoxe anúnciase a suspensión do programado para mañá, martes de Entroido, dada a previsión meteorolóxica adversa. Desta maneira, o alcalde Nelson Santos e o concelleiro de Festexos, M. Alejandro Lorenzo, anuncian hoxe un novo calendario da programación de Entroido.

Mércores, 5 de marzo: lectura do pregón e desfile desde San Sebastián

A lectura do pregón marcará o inicio das festas de Entroido este mércores ás 18.00 horas. Despois de que a pregoeira, Anxos Fernández Lorenzo “Xeles”, diríxase a todos os presentes desde o balcón da Casa Consistorial para dar a benvida ao Entroido, terá lugar o primeiro desfile do que participarán 23 comparsas e que sairá da praza de San Sebastián finalizando diante da Casa Consistorial, momento no que se lerán as coplas de adultos.

Sábado, 8 de marzo: Xogo da Onda e gran desfile desde o polideportivo

O sábado, día 8, celebrarase todo o que estaba programado para o sábado día 1. Así, ás 16.00 celebrarase o Xogo da Onda, unha cita ineludible no entroido porriñés, que este ano chega ao seu 71 edición, e a partir das 18.00 horas será o gran desfile de comparsas, acompañadas nesta ocasión pola Rondalla Santa Eulalia de Atios, que sairá do polideportivo municipal e percorrerá todas as rúas da vila do Louro (Antonio Palacios, Domingo Bo, Praza de San Sebastián e Praza Central) até chegar á praza Arquitecto Antonio Palacios, onde se procederá á lectura das coplas infantís.

Domingo, 9 de marzo: enterro da sardiña

Como broche final ás festas de Entroido celebrarase o popular enterro da sardiña o domingo día 9. Será a partir das 19.00 horas cando de comezo o velorio no Círculo Recreativo Cultural iniciándose, a continuación, a comitiva fúnebre da que participarán de novo as 23 comparsas e a Rondalla Santa Eulalia de Atios. O percorrido iniciarase en cálea Domingo Bo pasando polo barrio de San Sebastián e até a praza Arquitecto Antonio Palacios. Unha vez diante da Casa Consistorial procederase á lectura do Testamento e finalmente leranse as últimas vontades na Ponte do Valo.

3 de marzo de 2014 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.