O Porriño acolle este domingo o Mundialito de Velocidade
O Concello de Porriño será o escenario da primeira carreira do Campionato Galego de Velocidade 2014. A Moto Club Papaya, coa colaboración da Concellaría de Deportes que dirixe M. Alejandro Lorenzo, organiza este domingo a proba que se celebrará nas pistas de Torneiros.
Máis de 60 pilotos de toda Galicia, algúns deles locais, competirán neste Mundialito de Velocidade cuxos adestramentos darán comezo ás 11.00 horas para disputarse as carreiras oficiais a partir das 14.00 horas. Haberá cinco categorías: scooter, mini GP, supermotard, clásicas e vespas.
Desde Moto Club Papaya agradecen ao Concello de Porriño a súa implicación no evento, así como á Xunta de Galicia e ás diferentes entidades comerciais que colaboran na realización desta proba.











