O Porriño abre o prazo de inscrición para o torneo de fútbol indoor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

A inscrición para participar no Torneo de Fútbol Indoor que organiza o Concello de Porriño en Semana Santa ábrese hoxe mesmo. Desta maneira, todos os equipos interesados, e que aínda non confirmen previamente a súa asistencia, deben chamar ao teléfono 620 112 028 ou enviar un correo electrónico a info@ligametropolitana.com para facer efectiva a súa inscrición nesta competición que se celebrará do 16 ao 19 de abril no polideportivo municipal de Porriño.

Desde a Concellaría de Deportes que dirixe M. Alejandro Lorenzo infórmase de que a día de hoxe xa está confirmada a participación de máis de 50 equipos, masculinos e femininos de toda a provincia de Pontevedra, pero animan a todos os que aínda non se anotaron a que o fagan e sexan partícipes deste gran evento que se inaugurará, o mércores 16 de abril, co encontro de da liga Fertiberia 2014 que enfrontará aos veteranos do Celta de Vigo e do O Porto.

O torneo, que conta coa colaboración da ligametropolitana, está aberto a todos os equipos de fútbol indoor, podendo participar as categorías de senior masculino e feminina. A inscrición ten en custo de 50 euros para masculino e de 30 euros para femininos, ademais dunha fianza de 10 euros. Entregaranse trofeos ao catro primeiros equipos clasificados, outro á deportividade, tamén ao conxunto menos goleado e ao xogador máximo goleador. O prazo de inscrición finaliza o venres día 4 de abril, aínda que vista a gran demanda de solicitudes ao completar o aforamento darase por concluído o período de inscrición.

Esta festa deportiva completarase con torneos de categorías inferiores, coa presenza de diversos equipos locais de alevíns, benjamines, prebenjamines e minis, habendo premio para todos os participantes.

Non é a primeira vez que Porriño acolle un evento desta modalidade deportiva, pois en abril de 2010 Real Madrid e Valencia e en febreiro de 2012 Celta e Málaga disputaban un encontro da liga nacional de de fútbol indoor no polideportivo municipal. Desta maneira, acondicionado igualmente para a ocasión o pavillón 1 será o escenario deste torneo que se prevé reúna a máis de 1.000 deportistas.

25 de marzo de 2014 | 20:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.