O Concello do Porriño prepara un torneo de fútbol Indoor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO Porriño
A-
A+

O polideportivo municipal de Porriño acollerá en Semana Santa un torneo de fútbol Indoor. O alcalde Nelson Santos e o concelleiro de Deportes M. Alejandro Lorenzo informan desta nova iniciativa deportiva precisamente o día antes de recoller o premio que a Xunta lle outorga ao municipio porriñés como o mellor concello de Galicia no fomento e a promoción da actividade física e hábitos de vida activa.

Non é a primeira vez que Porriño acolle un evento desta modalidade deportiva, pois en abril de 2010 Real Madrid e Valencia e en febreiro de 2012 Celta e Málaga disputaban un encontro da liga nacional de de fútbol indoor no polideportivo municipal. Desta maneira, acondicionado igualmente para a ocasión o pavillón 1 será o escenario deste torneo no que xa confirmaron a súa participación máis de 50 equipos, masculinos e femininos, da provincia de Pontevedra. No entanto, desde a Concellaría de Deportes informan de que calquera equipo que desexe participar pode tamén inscribirse nos próximos días en canto ábrase o prazo.

Esta festa deportiva completarase con torneos de categorías inferiores, coa presenza de diversos equipos locais de benjamines e alevíns.

Haberá entrega de trofeos e medallas para todos os participantes que se prevé sexan máis de 1.000

19 de marzo de 2014 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.