O concello do Porriño celebra cunha andaina o Día Internacional da Muller

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

Co obxectivo de conmemorar a loita da muller pola súa participación na sociedade e no seu desenvolvemento como acode en igualdade de condicións nace o Día Internacional da Muller, o 8 de marzo. Para conmemorar esta xornada, a Concellaría de Igualdade do Concello de Porriño, que dirixe Teresa Veloso, organizou unha serie de actividades dirixidas a todas as mulleres do municipio.

Con tal motivo, o vindeiro sábado celebrarase unha carreira/andaina con saída desde a Casa Consistorial ás 11.00 horas. “Será un percorrido dun quilómetro e 200 metros aproximadamente no que mulleres nenas, adolescentes, adultas e maiores poderán participar ben correndo ou andando, ao ritmo que cada un poida”, explica Veloso. Para participar hai que anotarse nas instalacións da piscina, no Centro da Información á Muller (CIM) ou no centro cultural municipal. Para a posta en marcha da actividade o Concello conta tamén coa colaboración dos comerciantes locais “que o 8 de marzo implicaranse  e decorarán os seus escaparates en conmemoración ao Día Internacional da Muller”

Ademais de celebrar esta xornada “camiñando ou correndo”, como ben di o cartel anunciador da actividade, impartiranse talleres de autoestima, relaxación e habilidades sociais os días 5, 7 e 10 de marzo.

1 de marzo de 2014 | 13:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.