O Concello de Silleda acomete obras de mellora no centro social de Taboada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O Concello de Silleda, a través do departamento de Servizos, está a acometer traballos de mellora no Centro Social da parroquia de Taboada. Os operarios municipais iniciaron hoxe a colocación dos novos ventanais no edificio. Tanto as fiestras coma a porta de acceso, de madeira, estaban moi deterioradas e filtraban  auga cos consecuentes danos no edificio. Así, con esta actuación serán repostas por outras novas de aluminio.

O concelleiro de Servizos, Klaus Brey, explica que esta actuación se enmarca nos traballos de mellora dos centros sociais das parroquias.

4 de marzo de 2014 | 11:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.