O Concello de Riveira destina preto de 25.000 euros ao arranxo do polideportivo de Sirves

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

A Xunta do Goberno Local do Concello de Riveira deu luz verde na súa reunión de onte a unha nova actuación consistente na rehabilitación da fachada do Polideportivo de Sirves: unha instalación municipal que se viu afectada pola sucesión de temporais acontecidos este inverno.

O custe da actuación ascende a un total de 24.779,83 euros e foi encomendada á empresa Serdeco Contratas, S.L.

Os traballos que se van realizar inclúen a desmontaxe dos canalóns, baixantes, remates e outros elementos danados na cuberta da infraestrutura e a súa substitución por outros novos.

14 de marzo de 2014 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.