III Concurso de Microcurtas e o III Concurso de Microrrelatos do Concello de Silleda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Silleda dá a coñecer as bases do III Concurso de Microcurtas e o III Concurso de Microrrelatos, convocado por esta Concellería e cuxas anteriores edicións foron un éxito de participación.

III CONCURSO DE MICROCURTAS

A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Silleda organiza e convoca o III concurso de microrrelatos (en adiante o Concurso), que se rexerá polo disposto nas seguintes bases: Participantes.

O Concurso está dirixido a todas as persoas maiores de 13 anos empadroadas no Concello de Silleda.

As presentes bases son de obrigada aceptación e cumprimento para todas as persoas que decidan participar no Concurso.

A temática

A temática do Concurso será “ A terra de Trasdeza”. Poderá ser ficción ou non. Valorarase a orixinalidade e a creatividade.

Procedemento de participación

Todas as persoas que desexen participar no Concurso deberán entregar o traballo no rexistro do Concello de Silleda, ou envialo por correo ordinario ao seguinte enderezo: Concello de Silleda Rúa Trasdeza, 55 36540 – Silleda (Pontevedra)

A forma de presentación será en papel formato DVD PAL; neste DVD deberá ir escrito o título da Microcurta e un pseudónimo, e irá acompañado dun sobre pechado, co nome do concurso, o título da Microcurta e pseudónimo por fóra, e detnro deberá conter unha tarxeta na que aparezan os seguintes datos:

– Nome e apelidos do autor.

– DNI

– Teléfono

– Enderezo

– Enderezo electrónico (de ser o caso)

– Idade

– Título do relato

– Pseudónimo

A Microcurta non deberá superar os 8 minutos de duración e deberá estar feito íntegramente en galego. Pode gravarse incluso cun teléfono móbil e tamén editarse. Os traballos deberán ser inéditos, e non ter sido presentados a outro concurso ou certame.

Prazo de presentación dos traballos

O prazo para presentación de traballos comeza o xoves 13 de marzo e remata o mércores 30 de abril. Cada participante poderá presentar un único traballo.

Selección do gañador/a

O xurado encargado de elixir a mellor Microcurta estará composto por dous profesionais do audiovisual ou campo similar e a Concelleira de Normalización Lingüística, Margarita Campos Espiño ou persoa na que designe.

O fallo do xurado darase a coñecer o venres 9 de maio, e o nome do gañador/a será publicado a través da web www.silleda.es e notificado ao interesado a través dos datos facilitados adxuntos ao traballo presentado. En caso de non poder localizalo nun prazo máximo de catro días naturais dende que se emita o fallo, o premio será concedido ao seguinte finalista. Aceptación das bases.

O Concello de Silleda resérvase o dereito de descartar e excluír do Concurso aos seguintes participantes:

– Cando se inscriban con datos falsos ou existan indicios de que puideran levar a pensar que os datos son falsos. A estes efectos, poderase esixir aos participantes a verificación dos seus datos se o considera oportuno.

– Cando, de calquera forma fraudulenta ou artificial, manipulen a súa participación no Concurso.

– Canso o Concello de Silleda considere que os relatos conteñen elementos que de calquera xeito poidan considerarse cotnrarios aos dereitos fundamentais e ás liberdades públicas, induzan, inciten ou promovan actuacións denigratorias ou violentas en xeral. Tamén se se encontran protexidas por calquera dereito de propiedade intelectual ou industrial pertencentes a terceiros sen que o participante obtivera previamente a autorización necesaria para levar a cabo o uso efectuado ou que pretenda efectuar.

– Cando se incumpran as presentes bases en calquer aforma.

Estas bases enténdense aceptadas polo feito de inscribirse no Concurso. Calquera quebrantamento das mesmas suporá a descalificación inmediata do traballo presentado. O Concello de Silleda resérvase o dereito de modificar as condicións do Concurso en calquera momento, e incluso de anulalo ou deixalo sen efecto. En todo caso, comprométese a comunicar as bases modificadas a través da web www.silleda.es de forma que todos os participantes teñan acceso a dita información.

Exoneración de responsabilidade

O Concello de Silleda queda exonerado, non facéndose responsable, respecto do incumprimento do participante de calquera garantía en materia de dereitos de propiedade intelectual, industrial ou de imaxe, así como de calquera responsabilidade que puidera derivar do incumprimento ou cumprimento defectuoso dos participantes no Concurso das presentes bases. Asemade, o participante cede os seus dereitos do seu Microrrelato Microcurta ao Concello de Silleda para a publicación e difusión do mesmo, por parte desta administración pública, a través de redes sociais, páxinas web e/ou publicacións, sen fins lucrativos.

Premio

O gañador ou gañadora do Concurso levará unha TABLET valorada en 100 euros aproximadamente, e o centro educativo ao que pertenza, de ser o caso, levará un lote de libros en galego valorado en 50 euros. No caso de non pertencer a ningún centro educativo de Silleda, a Concellería de Normalización Lingüística entregaraos á Campaña de Recollida de Material Escolar da Concellería de Benestar e Igualdade.

III CONCURSO DE MICRORRELATOS

A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Silleda organiza e convoca o II concurso de microrrelatos (en adiante o Concurso), que se rexerá polo disposto nas seguintes bases: Participantes.

O Concurso está dirixido a todas as persoas maiores de 6 anos que estén censadas en Silleda. Establécense dúas categorías:

• De 6 a 12 anos

• De 13 anos en diante

As presentes bases son de obrigada aceptación e cumprimento para todas as persoas que decidan participar no Concurso.

A temática

A temática do Concurso será “A terra de Trasdeza”. Valorarase a orixinalidade e a creatividade.

Procedemento de participación

Todas as persoas que desexen participar no Concurso deberán entregar o traballo no rexistro do Concello de Silleda, ou envialo por correo ordinario ao seguinte enderezo: Concello de Silleda Rúa Trasdeza, 55 36540 – Silleda (Pontevedra)

A forma de presentación será en papel DIN A4, sempre firmado cun pseudónimo, e metido nun sobre pechado no que irá escrito o nome do concurso e a categoría na que participa. Ademais deste, incluirase, dentro do mesmo, outro sobre pechado, co pseudónimo e o nome do concurso escrito pro fóra, dentro de cal se inclúa unha tarxeta cos seguintes datos:

– Nome e apelidos do autor.

– DNI

– Teléfono

– Enderezo

– Enderezo electrónico (de ser o caso)

– Idade

– Título do relato

– Pseudónimo

O Microrrelato deberá ir titulado e estar íntegramente escrito en galego poderá ser presentado de dúas formas:

– Escrito a ordenador: máximo 500 caracteres.

– Escrito manual: máximo 100 palabras.

Os traballos deberán ser inéditos, e non ter sido presentados a outro concurso ou certame.

Prazo de presentación dos traballos

O prazo para presentación de traballos comeza o xoves 13 de marzo e remata o mércores 30 de abril. Cada participante poderá presentar un único traballo.

Selección do gañador/a

O xurado encargado de elixir os mellores microrrelatos estará composto por dous profesionais dos medios de comunicación e a Concelleira de Normalización Lingüística, Margarita Campos Espiño, ou persoa en quen delegue.

O fallo do xurado darase a coñecer o venres 9 de maio, e os nomes dos gañadores/as será publicado a través da web www.silleda.es e notificado aos interesados a través dos datos facilitados adxuntos ao traballo presentado. En caso de non poder localizalos nun prazo máximo de catro días naturais dende que se emita o fallo, o premio será concedido ao seguinte finalista. Aceptación das bases.

O Concello de Silleda resérvase o dereito de descartar e excluír do Concurso aos seguintes participantes:

– Cando se inscriban con datos falsos ou existan indicios de que puideran levar a pensar que os datos son falsos. A estes efectos, poderase esixir aos participantes a verificación dos seus datos se o considera oportuno.

– Cando, de calquera forma fraudulenta ou artificial, manipulen a súa participación no Concurso.

– Canso o Concello de Silleda considere que os relatos conteñen elementos que de calquera xeito poidan considerarse cotnrarios aos dereitos fundamentais e ás liberdades públicas, induzan, inciten ou promovan actuacións denigratorias ou violentas en xeral. Tamén se se encontran protexidas por calquera dereito de propiedade intelectual ou industrial pertencentes a terceiros sen que o participante obtivera previamente a autorización necesaria para levar a cabo o uso efectuado ou que pretenda efectuar. – Cando se incumpran as presentes bases en calquer aforma.

Estas bases enténdense aceptadas polo feito de inscribirse no Concurso. Calquera quebrantamento das mesmas suporá a descalificación inmediata do traballo presentado. O Concello de Silleda resérvase o dereito de modificar as condicións do Concurso en calquera momento, e incluso de anulalo ou deixalo sen efecto. En todo caso, comprométese a comunicar as bases modificadas a través da web www.silleda.es de forma que todos os participantes teñan acceso a dita información.

Exoneración de responsabilidade

O Concello de Silleda queda exonerado, non facéndose responsable, respecto do incumprimento do participante de calquera garantía en materia de dereitos de propiedade intelectual, industrial ou de imaxe, así como de calquera responsabilidade que puidera derivar do incumprimento ou cumprimento defectuoso dos participantes no Concurso das presentes bases. Asemade, o participante cede os seus dereitos do seu Microrrelato Microcurta ao Concello de Silleda para a publicación e difusión do mesmo, por parte desta administración pública, a través de redes sociais, páxinas web e/ou publicacións, sen fins lucrativos.

Premio

Os gañadores ou gañadoras do Concurso levarán un e-book valorado en 100 euros aproximadamente, e o centro educativo ao que pertenza, de ser o caso, levará un lote de libros en galego valorado en 50 euros. No caso de non pertencer a ningún centro educativo de Silleda, a Concellería de Normalización Lingüística entregaraos á Campaña de Recollida de Material Escolar da Concellería de Benestar e Igualdade.

12 de marzo de 2014 | 10:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.