GandAgro 2014 analizou a agricultura e gandería ecolóxicas e a produción de biogás sostible durante a segunda xornada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraSilleda
A-
A+
Coloquio sobre produción de biogás sostible

Coloquio sobre produción de biogás sostible

O III Monográfico da Gandería e a Agricultura, GandAgro 2014, que se celebra ata o vindeiro sábado na Feira Internacional de Galicia, analizou ao longo da xornada de hoxe a agricultura e gandería ecolóxicas e a produción de biogás sostible no sector agropecuario, a través dunha xornada organizada por Protecma Energía y Medio Ambiente.

Así, durante a mañá abordouse a evolución da agricultura ecolóxica e o seu potencial nacional, as especificidades da produción ecolóxica fronte á convencional e o seu impulso e marco na Unión Europea, e tamén os pasos a dar para producir en ecolóxico. Estes relatorios remataron cunha mesa redonda e coa exposición de dous casos de éxito na produción ecolóxica, Casa Grande de Xanceda e Sociedade Cooperativa Avega.

Xa pola tarde a xornada centrouse na xeración de biogás sostible e os seus requisitos a nivel técnico e económico, analizando a obtención e beneficios do biogás nas explotacións, todo elo como parte do proxecto europeo Sustaingas; a implementación dunha planta de biogás con exemplos prácticos, casos da enxeñería galega e as valorizacións innovadoras de biogás.

Visita a unha granxa ecolóxica

Os relatorios e mesas redondas levadas a cabo durante a xornada de hoxe complementaranse mañá cunha visita profesional á Casa Grande de Xanceda, unha granxa ecolóxica láctea pioneira na comunidade.

14 de marzo de 2014 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.