Comezan as obras de pavimentación de tres céntricas rúas na parroquia de Aguiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa de que esta mesma semana deu inicio unha nova actuación consistente na pavimentación de tres rúas pertencentes á parroquia de Aguiño: as rúas Lagarto, Manuel Murguía e Mestre Sans Ortega.

A execución destas obras recaeu na empresa Nemesio Ordóñez, S.A.. Supón un investimento de 43.090,69 euros e o prazo de execución é dun mes.

As rúas están situadas no centro da parroquia e son moi transitadas. As súas calzadas, feitas en aglomerado asfáltico, atopábanse bastante deterioradas polo uso e o paso do tempo.

O obxectivo perseguido co proxecto elaborado reside en pavimentar a calzada cunha mestura bituminosa co fin de mellorar a seguridade viaria. Ademais, ampliaranse as arquetas existentes para aumentar a súa capacidade de desaugue, procederase ao enrasado das tapas á cota do novo pavimento e pintaranse as pertinentes marcas viarias.

A iniciativa está incardinada dentro do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña (POS 2013).

13 de marzo de 2014 | 12:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.