Comezan as labores de reposición do firme do paseo marítimo do Touro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa de que, tal e como estaba planificado, a UTE responsable da construción do paseo marítimo do Touro ten previsto iniciar hoxe os traballos de reposición da capa de rodadura pertencente a este vial.

Hai que recordar que as condicións de chuvia e frío reinantes no momento en que se tiña que estender a capa de aglomerado non eran as máis adecuadas e que había serias probabilidades de que a mestura non cuaxara e se deteriorase con rapidez. Aínda así, preferiuse esta alternativa antes que deixar a calzada sen asfaltar ata a chegada do bo tempo.

Agora, a citada UTE (formada por Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L., e Obras Generales del Norte, S.A.) procederá a concretar estes traballos de reposición do firme, sen que os mesmos conleven gasto adicional para as arcas municipais.

En ningún momento se pechará integramente ao tráfico a circulación por esta estrada.

Rúa da Barreira

A que si está pechada ao tráfico é a rúa da Barreira, por mor duns traballos encamiñados a elevar as tapas dos pozos de rexistro e arquetas sumidoiro neste vial, ademais de pintar os pasos de peóns.

18 de marzo de 2014 | 11:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.