Chega ao Porriño o espectáculo musical ‘Toc toc’
O espectáculo para nenos de 3 a 10 anos TOC TOC chega este domingo á vila do Louro. A Concellaría de Educación do Concello de Porriño que dirixe Ana Martínez e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, traen a Porriño o programa de dinamización lingüística FalaRedes a través do cal se busca promover o uso da lingua galega, especialmente entre a infancia e a mocidade, enchendo o seu tempo de lecer con actividades de calidade no noso idioma.
Precisamente, a terceira edición de FalaRedes comeza con TOC TOC de Pablo Díaz que, tras a xira de TIC TAC, volve cun musical baseado no libro-disco homónimo e no que convida a cantarlle á alegría e á amizade, á vez que inculca nos nenos valores como o ecoloxismo ou a paz dunha maneira lúdica e co galego como lingua.
TOC TOC estará presente entre marzo e abril en 20 localidades galegas entre elas Porriño. O evento terá lugar este domingo, 30 de marzo, ás 18.00 horas no Círculo Recreativo Cultural con entrada libre e gratuíta até completar aforamento.











