Apertura do prazos de reserva, preinscripción e matrícula na escola infantil de Riveira
O Concello de Riveira informa dunha serie de prazos de interese en relación á inscrición de alumnos no curso académico 2014/2015 da Escola Infantil Municipal:
– Prazo de renovación de praza para alumnos que xa están matriculados: do 17 de marzo ao 31 de marzo do 2014.
– Inscrición do novo alumnado: do 1 de abril ao 30 de abril do 2014.
– Publicación das listas provisionais de alumnos/as admitidos/as: venres, 16 de maio do 2014.
– O prazo de reclamacións é de 10 días hábiles contados dende o día seguinte ao da súa publicación.
– Publicación de listas definitivas: venres 30 de maio do 2014.
– Prazo para a confirmación de matrícula, tanto para os que fixeron reserva e renovación como para os que fixeron preinscripción: do 2 ao 19 de xuño do 2014. Realizarase no Departamento de Servizos Sociais.
– Información previa, recollida de impresos para a solicitude e confirmación de matrícula:
No Departamento de Servizos Sociais, sito na Praza 8 de Marzo, s/n (Edif. Mirador de Padín), Teléfono: 981-874131/981-873409 de luns a venres en horario de 9:00 a 13:30. Tamén se poden recoller impresos no Rexistro do Concello ou na páxina web www.riveira.es
– Entrega de documentación para a inscrición do alumnado:
Rexistro da Casa do Concello, en horario de 9:00 a 13:30.











