Apertura do prazo para a inscrición de novo alumnado na escola infantil de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira lembra que mañá día 1 de abril abrirá o prazo para a inscrición de novo alumnado na Escola Infantil Municipal: prazo que se estenderá ata o vindeiro 30 de abril

A publicación das listas provisionais de alumnos admitidos terá lugar o venres 16  de maio do 2014, e abrirase un prazo de reclamación de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte a esta publicación. As listas definitivas serán publicadas o 30 de maio.

En canto ao prazo para a confirmación de matrícula, tanto para os que fixeron reserva e renovación de praza como para os que fixeron inscripción, será do 2 ao 19  de xuño do 2014. Realizarase no Departamento de Servizos Sociais.

Polo que respecta á información previa, recollida de impresos para a solicitude e confirmación de matrícula: terá lugar no Departamento de Servizos Sociais, sito na Praza 8 de Marzo, s/n (Edif. Mirador de Padín), Teléfono: 981-874131/981-873409 de luns a venres en horario de 9:00 a 13:30. Tamén se poden recoller impresos no Rexistro do Concello ou na páxina web www.riveira.es

A entrega de documentación para a inscrición do alumnado deberá realizarse no rexistro da Casa do Concello, en horario de 9:00 a 13:30.

31 de marzo de 2014 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.