A final do programa “Nada e corre” celebrarase en Riveira este domingo cunha gran participación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesRiveira
A-
A+

O domingo 9 de marzo (10:30 horas) celebrarase en Riveira (Complexo Deportivo A Fieiteira) a final de “Nada e Corre” 2014, un programa da Federación Galega de Tríatlon dedicada aos máis cativos que vai pola súa terceira edición. Hai que destacar a magnífica resposta dos clubs a esta iniciativa, xa que houbo unha participación moi importante de nenas e nenos. En total participaron preto de cincocentos rapaces e rapazas nas catro probas locais e para a final están clasificados 124 deportistas.

Este programa invernal, promovido polos técnicos, está dedicado ás categorías benxamín, alevín, infantil e cadete e ten como obxecto traballar a natación e a carreira. “Nada e Corre” celebrou durante os primeiros meses do ano catro probas zonais (Vilalba, Pontevedra, Narón e Vigo), que serviron para lograr a clasificación para a final galega (os catro mellores por categoría e sexo).

En Riveira participarán 126 deportistas de todas as categorías e haberá tamén clasificación xeral por clubs, para o que se sumarán os puntos dos deportistas do club, resultando gañador aquel que consiga máis puntos. As e os deportistas comezarán coa proba de natación e posteriormente a carreira, e o resultado final sae da suma de ambos tempos.

6 de marzo de 2014 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.