A clave da viabilidade do sector porcino pasa por cumprir co modelo europeo de produción

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Monográfico de gando porcino

Monográfico de gando porcino

O sector porcino precisa exportar e a clave para facelo é que as explotacións cumpran co modelo europeo de produción en canto a sanidade, benestar animal, medio ambiente e trazabilidade, para crear un sector forte que sexa capaz de conquistar outros mercados da UE e de terceiros países. Deste xeito está garantida a viabilidade futura.

Así o apuntou esta mañá Miguel Ángel Hilguera Pascual, director da Asociación Nacional de Productores de Ganado Porcino (Anprogapor), no marco do XVIII Monográfico de Gando Porcino, que tivo lugar no III Monográfico da Gandería e a Agricultura, GandAgro 2014, o cal se celebra dende onte e ata o sábado na Feira Internacional de Galicia.

No transcurso do seu relatorio, “O sector porcino e a globalización. Oportunidade ou Ameaza”,  Hilguera Pascual  tamén falou da evolución do número de granxas e animais en porcino, sinalando unha tendencia decrecente nas primeiras pero o mantemento na produción de animais, o que significa, segundo este experto, que as explotacións son cada vez máis eficientes.

Por outra banda, dentro deste foro organizado pola ADS (Asociación de Defensa Sanitaria) de Porcino de Silleda, tamén se falou sobre  “Optimización e mellora dos índices técnicos no cebadoiro”, sendo Gonzalo Cano, veterinario de OPP (Optima Pork Production) o encargado de desenvolver o tema.

Esta edición do Monográfico de Gando Porcino, á que acudiron cerca de 200 produtores e profesionais da porcinocultura, contou coa presenza da directora xeral de Produción Agropecuaria da Xunta de Galicia, Patricia Ulloa.

14 de marzo de 2014 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.