39 empresas resultaron adxudicatarias de 44 actuacións en Riveira dende xaneiro de 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Dende o mes de xaneiro de 2013, o Concello de Riveira ten adxudicado un total de 44 actuacións que recaeron nun total de 39 empresas. Destas 44 actuacións, un total de 23 foron encomendadas a entidades que teñen a súa sede na comarca de Barbanza, o que representa un 54% do global.

A difusión destes datos adscríbese ao compromiso expresado polo alcalde Manuel Ruiz no último pleno ordinario de facer públicas en aras ao espírito de transparencia as adxudicacións formalizadas polo Concello nestes últimos dous anos 2013 e 2014.

Cómpre advertir que, nesta franxa temporal, as empresas que recibiron un maior número de adxudicacións non sobrepasaron as dúas. Isto aconteceu en cinco ocasións, coas empresas Acciona Infraestruturas, Construcciones Jenaro Cadaval, Lisardo Inversiones, Manuel Queiruga Tomé e Nemesio Ordóñez.

19 de marzo de 2014 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.