20 persoas e 18 entidades aspiran aos galardóns da IX Gala do Deporte de Riveira
O vindeiro venres 14 de marzo ás 20 horas terá lugar no Auditorio MunicipaI a IX Gala do Deporte de Riveira, na que unha vez máis se pretende premiar e distinguir aos deportistas e entidades locais que máis destacaron no ano 2013.
Nesta edición, un total de 20 persoas e 18 entidades están nominados nas 14 categorías existentes. Haberá ademais tres mencións especiais a persoas e colectivos pola súa traxectoria deportiva.
Nesta ocasión, as devanditas mencións especiais recaerán en María José Patiño (ex campioa de España de Atletismo), en Juan Hombre Dopazo (pola promoción das artes marciais) e no equipo do Atlético Riveira da tempada 1978/79, que lograra o ascenso a Terceira División.
Esta é a relación de nominados:
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO: Manuel Davila Lustres (Club Natación Riveira), Adrián Armental González (CD Boiro), Iván Parada Novo (Club Kenpo Barbanza) e José Luis Gómez Pérez, “Joselu” ( S.D. Compostela).
MELLOR DEPORTISTA FEMININA: María Vilas Vidal (Club Natación Riveira), Ana Peleteiro Brión (F.C.. Barcelona), Lara Ouviña Martinez (Club Natural Sport Videlgi) e Helena Fernández Lago (Triatlón Riveira)
MELLOR DEPORTISTA DISCAPACITADO: Alejandro Vidal Álvarez (Club Natural Sport Videlgi)
MELLOR DEPORTISTA SUB 18 MASCULINO: Manuel Tomé Sanlés (Club Natación Riveira) e José Fernández Garcia-Garabal (Rosalía de Castro)
MELLOR DEPORTISTA SUB 18 FEMININA: Ainhara Brión Cameán (Club Natural Sport Videlgi), Laura Dosil Gago (Club Natural Sport Videlgi), Laura Laíño Vidal (Kempo Barbanza) e Miriam Santiago Armental (Kempo Barbanza)
MELLOR CLUB: Sálvora CF, Xuventú Aguiño e Natural Sport Videlgi.
MELLOR EQUIPO MASCULINO: Equipo senior Club Atl Riveira, equipo cadete Club Baloncesto Riveira e equipo senior Sálvora CF
MELLOR EQUIPO FEMININO: Equipo sénior Club Natural Sport Videlgi e equipo sénior Club Xuventú Aguiño
MELLOR ADESTRADOR: Miguel Pérez (Kempo Barbanza), Diego Pérez Paz (Xuventú Aguiño) e Manuel Ángel Pena Suárez (Atlético Riveira).
MELLOR EVENTO DEPORTIVO: Copa Barbanza BTT, Copa Sálvora Fútbol Base, Ruta Nadal BTT, Campionato internacional Cidade de Riveira de Taekwondo e II Trofeo Fútbol Base Aguiño 2013.
MELLOR CLUB NA PROMOCION DO DEPORTE BASE E DEPORTE PARA TODOS: Sálvora CF, Xuventú Aguiño e Natural Sport Videlgi.
XUIZ/ARBITRO: Manuel Blanco e Joaquín Ventoso Noal.
PATROCINIO DEPORTIVO: Serdeco
LABOR INFORMATIVO: Diario de Arousa











