Xa se atopan operativas as catro primeiras prazas de aparcamento express de Riveira
A pasada fin de semana entraron en funcionamento as catro primeiras prazas de aparcamento express da cidade de Riveira. Dúas delas están situadas na praza de Compostela, á altura da intersección das rúas Galicia e Romero Ortiz; e a outra na praza da Igrexa (Otero Goyanes).
A idea de crear esta novidosa tipoloxía de prazas, onde o tempo máximo de estacionamento é moi reducido (10 minutos) xurdiu a consecuencia das reunións mantidas entre o Executivo e comerciantes das zonas peonís da cidade, que subliñaban a necesidade de contar con este tipo de espazos para facilitar aos clientes e proveedores a realización de xestións de curta duración, como compras rápidas, descarga ou recollida e mercadorías, etc…
O Concello está a estudar novas zonas onde habilitar máis prazas de aparcamento express. Máis concretamente, prevese estender a iniciativa á rúa Canarias (vía moi próxima tanto á ubicación da praza de abastos provisional como do futuro mercado) e tamén á intersección da rúa Galicia coa rúa da Barreira.
Reposición de losetas na zona peonil
Por outra parte, a brigada de obras a traballar hoxe na rúa Galicia co fin de reparar ou repoñer as losetas en mal estado da rúa peonil (no tramo comprendido entre as prazas de Compostela e Otero Goyanes), unha práctica que operarios municipais adoptan acometer con bastante regularidade.











