Riveira homenaxeará ás modistas, costureiras e bordadoras no Día da Muller Traballadora
Como vén sendo habitual, o Concello de Riveira quere render tributo a un colectivo con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora e nesta ocasión serán homenaxeadas as modistas, costureiras e bordadoras do municipio.
O acto terá lugar o venres 7 de marzo ás 12 do mediodía. A Concellería de Igualdade, que dirixe a edil Aroa Fernández está coordinando a organización do evento, que se celebrará no Salón de Plenos do Consistorio.
Neste senso, estas a contactar coas mulleres das nove parroquias que se dedicaron ou se dedican a este labor. Non obstante, e co obxectivo de que o máximo número de integrantes posible deste colectivo asistan ao homenaxe, o Concello quere animar a a que se poñan en contacto co Centro de Información á Muller para que poidan coñecer os pormenores do acto onde serán agasalladas.
Para isto poden dirixirse ao Centro de Información Á Muller (na praza 8 de marzo), escribir un mail a cim@riveira.com ou chamar por teléfono marcando o número 981 873 409 ou 981 874 131.











