Os alumnos do conservatorio de Riveira participarán nun encontro de centros musicais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Alumnos do Conservatorio Municipal de Riveira van participar mañá no Primeiro Encontro Musical que promove o Conservatorio Profesional de Música de Santiago con motivo do seu décimo aniversario. A actividade ten lugar ás 19 horas no auditorio deste centro compostelá.

Ademais dos conservatorios de Riveira e Santiago, farano tamén os centros educativos musicais  de Noia, Alca e Manuel Peleteiro.

Por parte do conservatorio riveirense, o dúo de saxofóns formado por Alejandro Sánchez Varela e Laura Rodríguez Rodríguez interpretará Invención a dúas voces de  J.S. Bach; mentres que Michelle Pena González tocará ao piano Vais Improntu OP 47 nº1 de E. Grieg.

Ao longo do recital tamén actuarán diversos solistas, un grupo de corda, un quinteto de metais, unha orquestra de guitarras, coros e un conxunto de guitarra eléctrica e baixo.

25 de febreiro de 2014 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.