Os alumnos de latín e grego do IES Ribeira do Louro do Porriño organizan o concerto Nox Cupidinis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

O alumnado de Latín e Grego de primeiro e segundo de Bacharelato do IES Ribeira do Louro organiza un concerto este venres, 21 de febreiro, baixo o nome de “Nox Cupidinis”. O obxectivo do evento, que conta coa colaboración do Concello de Porriño a través da Concellaría que dirixe Ana Martínez, céntrase en recadar fondos para a excursión que programaron a Roma e tamén conta cunha causa solidaria, e é que na entrada haberá un posto de recollida de alimentos que irán destinados a SOS Porriño.

O concerto, que se celebrará no polideportivo municipal a partir das 21.00 horas, inclúe as actuacións de cinco participantes do concurso Tes talento?, do grupo porriñés PolloRandoms, de varias agrupacións de playbacks, do grupo de baile moderno da Asociación de Veciños de San Rafael e de integrantes da escola de música e danza MaiSon, que deleitarán ao público con bailes modernos, hip hop e break.

A entrada ao concerto pode comprarse por anticipado, por 2,50 euros, na escola MaiSon ou contactando con algúns dos estudantes da organización, ou ben o propio día en despacho de billetes por 3 euros.

19 de febreiro de 2014 | 12:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.