O Concello de Riveira substitúe maceteiros de madeira por árbores ornamentais no centro da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira ten a intención de substituír os maceteiros de madeira por árbores ornamentais no centro da cidade. A tal efecto, operarios municipais iniciaron esta mañá na praza consistorial os labores de construción dos correspondentes alcorques onde situar as plantas.

Entre as razóns que levaron ao Executivo a decidir este cambio figura a de propiciar uns menores custos de mantemento do mobiliario urbano. Neste senso, os maceteiros a substituír atopábanse en moi mal estado, coa madeira podre nalgúns casos, e o Concello considerou máis oportuno optar pola plantación de árbores.

En concreto, plantaranse un total de 24, distribuídos entre as prazas do Concello e Compostela e as rúas Otero Pedrayo e Rosalía de Castro.

Loureiros reais

A especie que se ten previsto plantar é o loureiro real de folla perenne, un tipo de árbore que xa loce na parte posterior do Consistorio dende decembro de 2012

25 de febreiro de 2014 | 13:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.