O centro cultural Lustres Rivas de Riveira exhibirá unha mostra fotográfica de arquitectura contemporánea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

A sala de exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas vai exhibir a partir deste venres, día 7 de febreiro, unha Mostra Fotográfica de Arquitectura Contemporánea.

Na iniciativa que, está organizada polo Concello de Riveira e a empresa aMMCestudio, que dirixe o arquitecto Miguel Martínez Castro, amosaranse en formato cartón pluma as 28 fotografías participantes no I Concurso de Fotografía de Arquitectura Contemporánea.

O acto servirá tamén para desvelar o gañador do certame e máis os dous accesit seleccionados.

A inauguración, de acceso libre e gratuíto, está programada para as 20.30 horas e estará presidida polo alcalde, Manuel Ruiz.

A mostra estará aberta ata o 8 de marzo.

4 de febreiro de 2014 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.