Festival de cantareiras en Atios
A Asociación Cultural Os Penediños de Atios organizan para o vindeiro sábado, 15 de febreiro, un Festival de Cantareiras. Será a partir das 19.30 horas no Centro Cultural de Atios e contará coas actuacións das Cantareiras do Carballo das cen pólas, de Reboreda – Redondela; as Cantareiras O Son de Alba, de Torneiros; o Grupo de Acordeóns dos Penediños e as Cantareiras dos Penediños de Atios.
O evento, ao que están convidados todos os veciños e demais persoas que así o desexen, conta coa colaboración do Concello de Porriño.











