Factoría de Innovación ofrece unha xornada informativa no centro Lustres Rivas de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Centro Cultural Lustres Rivas deu cabida na noite de onte no seu salón de actos a unha xornada informativa da Factoría de Innovación de A Coruña, que está promovida pola Escola de Organización Industrial (EOI) e a Deputación da Coruña, e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

O acto de inauguración do evento estivo presidido polo alcalde anfitrión e o presidente da comisión económica da Deputación Manuel Ruiz, e contou co desenvolvemento de dúas ponencias: unha titulada “Vender máis e nellor: o reto de innovar”, a cargo de David Cano e Mónica Citores” (responsables da oficina técnica de FDI) e “Innovar na FDI_Coruña”, polo consultor Julio Sánchez.

A intención desta iniciativa foi dar a coñecer entre o empresariado da comarca o programa de adestramento individualizado da Factoría de Innovación, co obxecto de promover a consolidación da cultura innovadora entre o tecido industrial galego.

Entre os asistentes estaban presentes o presidente da Federación de Empresarios de Barbanza, José Ramón Romero; e os presidentes das patronais locais de Riveira, Rianxo e Mazaricos.

28 de febreiro de 2014 | 13:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.