Empresarios interesados no chan industrial de Riveira decántase por crear dunha bolsa de solo na Carballa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O alcalde  Manuel Ruiz mantivo no mediodía de hoxe unha reunión co presidente da patronal local, Antonio Miranda, e con outros empresarios co fin de abordar un tema de interese para o tecido económico do entorno como é a posible ampliación  de chan industrial no municipio en Riveira.

De entre as posibles alternativas existentes, a preferida pola maioría dos presentes é a creación dunha nova bolsa de chan industrial nunha zona próxima ao polígono de Xarás: máis concretamente no lugar da Carballa, por reunir as condicións óptimas para acometer esta acción en canto a menor impacto visual, menores custos de realización e boas comunicacións ao estar directamente situada na saída da autovía.

O número de metros cadrados que inicialmente sería necesario construír está cifrado en 50.000, segundo as demandas trasladadas á administración local de parte dos empresarios sentados na reunión de hoxe  e tamén doutras persoas e entidades interesadas.

O próximo paso a dar cara a materialización deste proxecto será a elaboración polo Concello de Riveira dun estudo de custos que indique con detalle o alcance do investimento a realizar para a creación deste chan e poñelo a disposición das empresas interesadas.

14 de febreiro de 2014 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.