Concurso de disfraces de Entroido da Asociación de Hostaleiros de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

BASES
Enmarcado dentro do Carnaval 2014, a Asociación de Hostaleiros de Riveira organiza un concurso de disfraces premiado con diversas gratificacións en cartos e especie, aínda por determinar. As condicións e requisitos para a participación no concurso son as seguintes:

1.- PARTICIPANTES

Poderán participar aquelas persoas maiores de 18 anos. Non obstante o anterior, non poderán participar aquelas persoas, membros fundadores ou socios, pertencentes á Asociación de Hosteleros de Riveira.

2.- CONCURSO

O concurso ten por finalidade premiar aquelas persoas que, conforme á mecánica do presente concurso, resulten elixidas como mellores disfraces do ENTROIDO 2014, no municipio riveirense.

2.1. Mecánica do concurso

Poderá formar parte do concurso toda persoa ou grupo de persoas que se inscriban no primeiro local hostaleiro, dos organizadores do evento, ao que asistan a noite do 28 de Febreiro de 2014.

No mesmo, proporcionaráselle unha tarxeta, dividida en casiñas, nas que irán os nomes de varios dos establecementos colaboradores. Para completar a inscrición no mesmo e poder ser cualificado polo Xurado do concurso, os participantes deberán acudir polo menos a sete dos locais reflectidos na súa tarxeta de participación. O responsable de cada establecemento selará a súa tarxeta, e esta, unha vez estea completa deberá ser entregada no local no que se estampe o sétimo selo, ou posterior. Os selos gravados na tarxeta non poderán ser repetidos e deberá corresponder cada un á súa casiña.

Todos os participantes no concurso serán fotografados polo menos por un dos organizadores do mesmo, e esta instantánea será utilizada para a deliberación do Xurado, ademais da opinión dos responsables dos locais aos que asista o participante/s.

2.2.Requisitos de participación

Unicamente tomarán parte aquelas persoas que estean interesadas en participar neste concurso e enchan a tarxeta de inscrición cos datos persoais necesarios para efectuar a súa alta no concurso.

A tarxeta de inscrición deberá ser totalmente cumprimentada, quedando a criterio dos organizadores do evento a invalidación da participación no mesmo naqueles casos nos que algún campo non fose cuberto, algunha casiña non estivese selada, ou o fixera de forma defectuosa.

Así mesmo, a Organización resérvase o dereito a descalificar e xa que logo, a excluír do concurso, a aqueles participantes que non reúnan os requisitos de validación que considera necesarios.

2.3.Duración

O concurso desenvolverase nas rúas do municipio de Riveira durante a noite do día 28 de Febreiro de 2014. O reparto de tarxetas dará comezo ás 22.00 horas. Todo aquel participante que o solicite, poderá recollela nun dos locais colaboradores, e dispoñerá de seis horas para completar o proceso de validación da mesma cos selos correspondentes.

O selo das tarxetas de participación concluirá ás 04.00 horas. A partir de entón pecharase o proceso de validación dos participantes no concurso, polo que non se admitirá a entrega de ningunha tarxeta.

3.- PREMIOS

1ª Categoría

Existen catro premios de primeira categoría.

Serán outorgados aos mellores disfraces ou conxuntos dos mesmos establecéndose as seguintes modalidades premiadas.

– INDIVIDUAL ( 1º PREMIO)

– PARELLA ( 1º PREMIO )

– GRUPO  (mínimo de tres pesoas) ( 1º PREMIO )

A primeira categoría será gratificada con premios en metálico, aínda por determinar.

2ª Categoría

Existen varios premios de segunda categoría.

Serán outorgados aos distintos participantes que consigan a cualificación de finalistas nas distintas modalidades, e para iso deberán completar o podio dos premios pertencentes á primeira categoría.

– INDIVIDUAL ( 2º E 3º PREMIO )

– PARELLA ( 2º E 3º PREMIO )

– GRUPO ( 2º E 3º PREMIO )

A segunda categoría será gratificada con premios en especie, aínda por determinar. ( bonos en establecementos hostaleiros, bonos para actividades municipais, etc).

A Asociación poñerase en contacto cos participantes para facer efectiva a entrega das gratificacións aos finalistas e gañadores das categorías premiadas.

4.- XURADO

O Xurado do concurso estará composto polos membros da Asociación de Hostaleiros de Riveira.

5.- IMAXE E DEREITOS DE AUTOR

Os participantes do concurso, ao completar a ficha de inscrición facilitada polos organizadores do evento ceden automaticamente os dereitos de divulgación e reprodución por Internet ou por calquera outro medio audiovisual, das fotografías que se tomen durante o desenvolvemento do mesmo. Esta cesión realízase no contexto do presente concurso.

Así mesmo, os participantes consenten automaticamente ao participar no presente Concurso a utilización de devanditas imaxes nas que poidan aparecer, para os fins descritos no parágrafo anterior.

6.- ACEPTACIÓN DAS BASES

A aceptación destas Bases é condición necesaria para a participación no concurso e, por conseguinte, para poder optar aos premios. O incumprimento por calquera participante das condicións establecidas nas Bases suporá a súa anulación automática do presente concurso.

21 de febreiro de 2014 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.