Conclúen as obras de renovación de servizos e pavimentación na rúa nordés de Aguiño
O Concello de Riveira informa da finalización das obras de renovación de servizos e pavimentación efectuadas na rúa Nordés, céntrica vía situada na parroquia de Aguiño.
A empresa Excavaciones Darío, S.L., foi a encargada de realizar esta obra, que supuxo un investimento de 68.273,89 euros e que veu solucionar os problemas detectados na rede de saneamento ademais das deficiencias existentes no firme de calzada.
O proxecto executado estivo orientado a solucionar estas carencias, substituíndo en primeiro lugar a tubaxe de abastecemento por outra de polietileno de alta densidade. Polo que respecta aos saneamentos fecais, colocouse un colector de PVC liso, máis outro de PVC corrugado para os pluviais. Tamén se instalaron novos puntos de luz e soterrarase a rede de alumeado.
En canto á pavimentación, empregáronse materiais semellantes ao entorno, instalando adoquíns prefabricados de formigón en cores gris e vermello.











