Conclúen as obras de pavimentación nos accesos á praia do prado na parroquia de Corrubedo
O Concello de Riveira informa da conclusión na parroquia de Corrubedo dunha nova obra de humanización dirixida á pavimentación, saneamento e pluviais nos acceso á praia do Prado, unha actuación que supón un investimento de 61.864,84 euros e está sendo acometida pola empresa Vioder, S.L. O prazo de execución son 3 meses
As rúas obxecto da actuación serven de comunicación entre o porto e a veciña praia do Prado, moi frecuentada especialmente durante a época de verán. Antes de executar a obra, o seu firme estaba formado por pavimento de formigón, bastante deteriorado nalgúns puntos. Non existía rede separativa de alcantarillado, descorrendo augas fecais e pluviais por un único colector.
Granito
A efectos de mellorar a zona, instaláronse colectores de PVC compacto para saneamento de fecais e de PVC corrugado para pluviais. Ademais, pavimentouse a zona con distintos tipos de pedras co fin de lograr un debuxo semellante ao de áreas próximas recentemente pavimentadas: lousas de granito de 60x40x8 centímetros combinadas con adoquíns de granito de 20x10x8 centímetros.
A acción estivo enmarcada no Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial (POS 2013).











