Comezan en Riveira as tarefas para unir as praias de Coroso e Río Azor por medio dun paseo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Desterre para a creación do paseo

Desterre para a creación do paseo

O Concello de Riveira informa de esta semana deu inicio unha nova actuación conducente a unir as praias de Coroso e Río Azor a través dun paseo. A execución desta acción está sendo desenvolvida pola empresa Eulogio Viñal Obras y Construcciones, S.A.. Comporta un investimento de 205.089,80 euros e o prazo de execución son nove meses.

O obxectivo da actuación reside en recuperar para o uso e disfrute público este tramo que conta cunha lonxitude aproximada de 550 metros, a través da creación dunha senda peonil integrada no medio natural na que se encontra.

Os materiais a utilizar serán diferentes en función de cada un dos catro tramos en que se pode dividir a zona de actuación acorde coas características do entorno.

Así, empregarase un pavimento continuo de formigón impreso na senda inicial entre a praia de Coroso e o edificio do camping. Esta senda, de 2,5 metros de ancho, contará cunha cenefa de formigón impreso nos bordes, tanto ao principio como ao final desta parte do paseo.

A continuación, empregarase un pavimento continuo terrizo de dous metros de ancho e seis centímetros de espesor no tramo  de 215 metros de lonxitude que limita coas instalacións do camping. Para salvar o desnivel con algunhas terrazas existentes, construirase 115 metros lineais de muro de granito, con alturas comprendidas entre os 0,35 e os 1,87 metros. Tamén serán instalados 150 metros de valla de madeira e catro bancos rústicos.

A parte seguinte, de 130 metros de longo, correspóndese cun camiño xa existente que será acondicionado e rasanteado a través de medios peonis, con tapado de baches, rastrillado e limpeza. A senda será delimitada cuns pequenos postes de madeira con alturas de entre 30 e 50 centímetros, colocados cada 1,50 metros.

O tramo final, de 160 metros, constitúe a  senda delimitadora do dominio público na praia de Coroso. Empregarase un pavimento continuo terrizo de 6 centímetros de espeso en tanto que na zona de acceso ao aparcamento se instalará unha senda de madeira, con pasarelas para facilitar o acceso ao areal. O cruce do propio río Azor realizarase a través dunha pequena ponte de granito.

Esta actuación súmase a outras concibidas co obxectivo do Goberno Local de poñer en valor o litoral do municipio e o seu uso e disfrute público por medio da creación de paseos e sendas peonís, como xa aconteceu cos xa realizados en Coroso e O Touro, e como acontecerá en próximas datas unindo A Ameixida e Área Secada, ademais da actuación prevista para o entorno da praia de Castro ou a prolongación da rede de pasarelas de A Catía.

26 de febreiro de 2014 | 13:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.