Alumnos de saxofón de toda a comunidade ofrecerán un concerto no Conservatorio de Riveira
Este próximo sábado día 15 de febreiro, a partir das 19.00 horas, terá lugar no salón de actos do Conservatorio Municipal de Riveira o segundo dos concertos do curso 2013/2014 da Aula Galega de Saxofón.
Esta actividade formativa está organizada dende o Conservatorio local e conta cun total de 16 alumnos de Riveira e doutros puntos da xeografía galega (Santiago, Ferrol, Vigo, Cambados, Rianxo, Vila de Cruces….). Conta como profesores invitados a Rodrigo Vila (natural de Vigo, e dende fai anos Profesor do Conservatorio Superior de Música das Illas Baleares) e Yuko Mizutani, como pianista acompañante.
A título anecdótico cabe sinalar que despois do concerto deste sábado os mestres Vila e Mizutani realizarán unha xira por Perú. No encontro do pasado xaneiro, Rodrigo Vila acudiu a Riveira despois dunha xira por EEUU e en marzo, despois da visita mensual ao Conservatorio riveirense, traladarase a Viena para impartir varias masterclass.
RODRIGO VILA
Formado no Conservatoire de Bordeaux Jacques Thibaud con Jean-Marie Londeix e con Marie-Bernadette Charrier obtén en 2001 por unanimidade e cunha mención especial a Médaille d’honneur de la ville de Bordeaux.
Dende o 2004 é profesor titular de saxofón no Conservatori Superior de Música de les Illes Balears.
Ten impartido clases maxitrais nos conservatorios de Basilea, Colonia, Frankfurt, Osnabrück, Viena, Río de Janeiro, Bos Aires, Lima, A Habana, A Paz, Vigo, Alicante, Oviedo, Bilbao, Burgos e Santiago de Compostela.
Colaborou tamén en formacións como a Orchestre National Bordeaux-Aquitaine, Orquesta Nacional de España, Orquesta Sinfónica de Madrid, Orquesta Simfónica de les Illes Balears, Orquesta de Radiotelevisión Española, Orquesta da Comunidade de Madrid ou Plural Ensemble.Ofreceu recitais tanto en solitario como en música de cámara nos máis prestixiosos festivais de España así como en Francia, Alemania, Italia, Portugal, Canadá, Suecia, Estonia, Austria, Cuba, Perú, Bolivia, Brasil ou Arxentina.
YUKO MIZUTANI
Naceu en Miyagi (Xapón). Baixo a tutela de Yasuko Nakayama, Miza Yuguchi e Klaus Schilde graduouse no prestixioso Tokyo-Geijutsu-Daigaku. Nesta etapa, na que tamén traballou cos profesores Satoru Sunahara, Michael Schäfer e Jan Panenka. Recibiu numerosos premios, entre os que cabe destacar o Premio de Honra co Concurso para xoves intérpretes Xaponeses (Tokio) e o do Festival Internacional de Kirishima.
Posteriormente trasládase a Alemaña donde continúa perfeccionanado os seus estudos con Tibor Hazay na Staatlichen Hochschule für Musik Freiburg im Breisgau. En 1997 é premiada co Concorso Internationale di Música da Cámara “Palma d´Oro” en Italia.
Desde 1998, imparte clases nos Cursos Internacionais de Música na Universidade das Illas Baleares, institución coa que colabora en diversos proxectos musicais. Actualmente tamén é profesora no Conservatorio Superior de Música i Danza das Illas Baleares. Foi premiada como mellor pianista acompañante no Certame Nacional de Interpretación “Intercentros Melómano” en 2008 e 2010.
Foi convidada durante varios anos para traballar como pianista Academia Internacional de Música de Palma de Mallorca e na Academia Internacional de Niza (Francia) colaborando con profesores como Gérard Poulet e Patrice Fontanarosa entre outros. Dende a súa primeira edición é a pianista da Masterclass de Jean-Marie Londeix na marco do Mallorca Saxophone Festival. Tamén se te prodigado como correpitidora de ópera, traballando con importantes artistas internacionais.
Na súa contiínua actividade como solista e concertista de música de cámara ten actuado en Alemaña, Italia, Francia e España.











