Ábrese o prazo para inscribirse nos cursos preparatorios para as titulacións Celga
O Concello de Riveira informa de que xa está aberto o prazo de inscrición para apuntarse aos cursos preparatorios dos CELGA 2014 (Certificados de Lingua Galega outorgados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta) que organiza o Servizo Municipal de Normalización Lingüísica de Riveira.
O prazo para matricularse a estes cursos gratuítos -de 70 horas de duración e que se celebrarán de luns a xoves de 20.30 a 22.30 horas- permanecerá aberto ata o día 21 de febreiro. As clases desenvolveranse durante os meses de abril e maio.
Para máis información e consultas, cómpre poñerse en contacto co Servizo de Normalización Linguística do Concello de Riveira, situado no Centro Cultural Lustres Rivas (teléfono: 981 835 650, email: normalizacion@riveira.com).
Xa hai setenta persoas apuntadas, que tiñan formalizada previamente a súa preinscripción.











