A rotonda do Vilar xa é unha realidade para Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Operarios da empresa adxudicataria Eulogio Viñal Obras y Construcciones S.A. deron comezo esta mañá á construción da rotonda do Vilar, situada na parroquia de Carreira: unha agardada actuación promovida pola Deputación Provincial da Coruña que ten como principal obxectivo afianzar a seguridade viaria de vehículos e peóns nunha encrucillada considerada estratéxica, na que conflúen catro infraestruturas viarias procedentes da cidade de Riveira, a localidade de Aguiño, o lugar do Vilar e Frións.

O proxecto incluíu tamén a realización de melloras na canalización de pluviais, uns labores que xa foron efectuados. Sen embargo, a necesidade de dar traslado a outro emprazamento de determinados servizos, ademais do mal tempo deste inverno, ralentizaron o desenvolvemento dos labores e adiaron o inicio da construción física da glorieta que xa está en execución.

Agora, espérase unha rápida finalización se as condicións meteorolóxicas así o permiten.

O investimento desta actuación ascende a 105.667,55 €.

19 de febreiro de 2014 | 13:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.