A campaña Cha Namórate, dos Empresarios de Riveira, sortea unha noite de hotel

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

A Asociación de Empresarios de Riveira pon en marcha a campaña CHA Namórate na que se sorteará unha noite de hotel na casa rural Teixeira e unha cea. O boleto agraciado co premio terá que coincidir coas 4 últimas cifras do premio da once do 13 de febreiro.

A Campaña CHA Namorate puxo en movemento 10.000 rifas entre os locais hostaleiros que participan e que todavía están dispoñibles nos locais polas consumicións ata  a hora do sorteo. O agraciado con este premio tense que poñer en contacto coa Asociación de Empresarios de Riveira.

11 de febreiro de 2014 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.