Unha exposición no Museo do Pobo Galego comezará os actos do Entroido dos Xenerais da Ulla 2014

xenerais-da-ulla-2014A comarca natural da Ulla posúe un orixinal entroido rural que conta con testemuños dende mediados do século XIX, é o coñecido Entroido dos Xenerais da Ulla que, para este 2014 abrangue dende finais de xaneiro ata comezos do mes de marzo, percorrendo os diversos concellos que se atopan á beira de dito río.

Os personaxes máis importates son os xenerais e correos que, a cabalo, percorren as parroquias durante o día dando vivas a veciños e visitantes, en compañía dun “exército” de abandeirados, coros, comparsas e parrandas. O acto remata coa escenificación dun atranque ou alto, con enfrontamentos dialécticos por parellas, no que se aproveita para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón, que aconteceron ao longo de todo o ano.

 Nesta edición 2014, o programa inclúe unha exposición no Museo do Pobo Galego do 18 de xaneiro ata o 9 de marzo. O pistoletazo de saída será o 1 de febreiro na Praza do Obradoiro  coa presentación dos Xenerais da Ulla en “Galicia Entroido” (Exhibición e stand)

O programa xa está dispoñible incluíndo as datas de altos en Lamela (Silleda), Marrozos (Santiago de Compostela), Illobre (Vedra), Reis (Teo), Bama (Touro), Merza (Vila de Cruces), Trobe (Vedra), Angrois (Santiago de Compostela), Reis (Teo), A Bandeira (Silleda), Entroido Municipal de Vedra, Aríns (Santiago de Compostela), Cacheiras (Teo), Teo, Piloño (Vila de Cruces), Couso (A Estrada), O Eixo (Santiago de Compostela), Sergude (Boqueixón), Cacheiras (Teo), Fao (Touro), Entroido Municipal da Estrada, Fonte Díaz (Touro), San Xián de Sales (Vedra), Bamonde (Teo), Lestedo (Boqueixón), Salgueiros (Vila de Cruces).

14 de xaneiro de 2014 | 20:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.