Riveira oferta un curso para emigrantes retornados e persoas foráneas de aproximación á cultura galega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira vai desenvolver a partir da semana que vén unha nova edición do curso de aproximación á cultura edición “Vivimos en Galicia”.

Con esta serán cinco xa as convocatorias desenvolvidas dunha iniciativa que pretende facilitar formación e información sobre a nosa Comunidade Autónoma, a nosa lingua, nos nosos costumes, o patrimonio cultural, a administración, etc… Está dirixida principalmente ás persoas que regresaron á nosa terra despois dunha longa etapa fóra ou aos novos galegos, persoas de orixe non galega desexosas de coñecer o novo contorno.

A actividade forma parte dos ciclos de formación dirixidos á poboación adulta que se ofertan desde o Servizo de Normalización Lingüística de Riveira, neste caso co apoio dos Servizos Sociais. Terá lugar todos os martes e xoves dos meses de febreiro e marzo, en horario de 10.30 a 11.30 horas no salón de actos do Centro Cultural Lustres Rivas.

Inscricións

Aqueles interesados en inscribirse ou obter máis información poden facelo no Servizo de Normalización Lingüística (situado no centro Lustres Rivas; teléfono 981 835 650; email normalizacion@riveira.com) ou ben nos Servizos Sociais (na praza de 8 de marzo; teléfono 981 874 131; email servizossociais@riveira.com). O número máximo de alumnos serán 25 persoas.

28 de xaneiro de 2014 | 12:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.