Riveira comeza as obras de instalación de pluviais nas rúas Cruceiro de Cruces e Arrochela en Palmeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa do inicio dunha nova actuación consistente na pavimentación e instalación de pluviais nas rúas Cruceiro de Cruces e Arrochela en Palmeira.

A obra está sendo executada por Construcciones Oñial, S.L.. Comporta un investimento de 157.769,88 euros, IVE incluído, e o prazo de execución son tres meses.

As dúas rúas presentaban un pavimento de formigón no que se observaba un notable deterioro. Ademais carecía de rede de pluviais.

Conforme ao proxecto elaborado polos servizos técnicos municipais, o pavimento está sendo demolido e substituído por materiais semellantes aos existentes en rúas do entorno, a base de adoquín prefabricado de formigón en cores gris e verde. As obras comezaron por Cruceiro de Cruces.

Ademais, instalarase unha rede de pluviais polo centro da calzada, con colectores de PVC corrugado de 315 milímetros e sumidoiros sifónicos de formigón prefabricado e canaletas con grella de fundición dúctil.

27 de xaneiro de 2014 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.