Riveira amplía as prazas exprés xunto a áreas peonis da cidade con dúas novas na praza da Igrexa
Se a finais do pasado mes de decembro dábase conta do inicio da habilitación a de dúas prazas de horario superreducido (prazas exprés) no entorno da praza de Compostela, operarios municipais están a proceder estes días á construción doutros dous espazos de aparcamento de iguales características xunto á praza de Otero Goyanes, lugar onde está situada a Igrexa de Santa Uxía.
A idea de habilitar na cidade este novidoso tipo de prazas naceu das reunións mantidas entre membros do Executivo Local e comerciantes de zonas peonís coa idea de contribuír á dinamización do pequeno e mediano comercio.
O seu cometido é facilitar unha rápida compra ou xestión e, por tal motivo, o tempo máximo establecido para estacionar será de dez minutos (de forma sempre gratuíta), co fin de propiciar a máxima rotación posible de vehículos.
En breve se procederá a instalar a correspondente sinalización (tanto nas prazas situadas na praza de Compostela como en Otero Goyanes) e á posta en funcionamento.











