Reforma da canalización de pluviais na rúa Lepanto en Riveira
O Concello de Riveira informa de que este próximo luns está previsto o inicio dunha actuación na rúa Lepanto, na cidade de Santa Uxía, en virtude da cal o sistema de canalización de pluviais vai verse modificado.
A acción ten lugar a requerimento dos veciños e consistirá na substitución dos caces de formigón situados nas marxes desta calzada por pedra.
Peche á circulación
A actuación, que vai ser executada pola empresa Manuel Queiruga Tomé, entrañará o peche á circulación viaria en tanto duren as obras.
Así e logo, para acceder á zona de Miguel Rodríguez Bautista ou ao entorno do Concello recoméndanse tomar outras vías alternativas, como a rúa Canarias (indo dende o Malecón á altura do mercado) ou ben a rúa de Lugo (dende Cristóbal Colón).











