Os operadores do mercado provisional de Riveira satisfeitos polos novos mostradores refrixerados de peixe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Os praceiros de Riveira amosan a súa satisfacción ante os catorce novos mostradores refrixerados para peixes e mariscos que, se ben foron adquiridos coa intención de dotar ao futuro mercado municipal, xa están en uso na instalación provisional situada entre a rúa Canarias e a praza de España, segundo decisión do Executivo Local.

Cómpre engadir que estes modernos mostradores de aceiro inoxidable, con dimensións de 20.000×1.100×850 milímetros, complétanse cunha fábrica de xeo capaz de producir ata 2.200 quilos diarios de xeo de escama plana.

O importe da adquisición ascendeu a un prezo de 138.428,84 euros. A empresa Refrigeración de Riveira, S.L., foi a entidade subministradora.

Para levar a cabo este investimento, o Concello obtivo unha subvención ao abeiro da Orde de 30 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva das subvencións a concellos de Galicia para revitalizar o comercio de abastos excelentes, cofinanciadas polo Feder.

21 de xaneiro de 2014 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.