Os comerciantes do Porriño fan entrega de 4.200 euros en vales de compra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Entrega dos vales de compra

Entrega dos vales de compra

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Porriño (Acipor) fixo entrega na noite de onte, no salón de plenos da Casa Consistorial, dos 35 vales de compra da campaña de Reyes aos premiados do sorteo realizado o pasado día 15 de xaneiro. 35 foron as persoas agraciadas con cheques por valor de 60 euros que poderán trocar, durante o prazo dun mes, en calquera dos 135 establecementos asociados, independentemente de onde lles tocou, e que abarcan todo tipo de produtos e servizos, desde téxtil, zapatería, óptica, complementos, barbaría, estética e mesmo alimentación.

Aos 35 vales entregados onte pola directiva de Acipor hai que sumarlle outros 35, tamén por valor de 60 euros cada un, que se entregaron na campaña de Nadal, o que supón un total de 4.200 euros repartidos en cheques-compra. Foron miles as papeletas participantes en ambos os sorteos, entregadas aos clientes por cada compra realizada, e por iso o caso de Pablo Otero foi merecedor de mención especial xa que foi a única persoa agraciada en ambos os sorteos.

30 de xaneiro de 2014 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.