O Porriño executa a reparación dun tramo de beirarrúa na avenida de galicia
O Concello de Porriño está a levar a cabo a reparación dunha beirarrúa na Avenida de Galicia. Trátase dun tramo no lado dereito (dirección Vigo-Tui) cuxo asine foi cedendo até producirse un desnivel e quedando lousas soltas, afectando tamén a algúns servizos soterrados.
O alcalde Nelson Santos e o concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carreira, visitaban esta mañá a zona onde se está executando a obra comprobando os traballos consistentes “no levantamento de todo o terrazo para, en primeiro lugar, comprobar o estado de todos os servizos co obxectivo de substituir aqueles que estean danados, e logo compactar todo para, de novo, colocar as baldosas”, explica o rexedor local.
O proxecto supón un investimento duns 60.000 euros financiados polo Concello de Porriño. Os traballos deron comezo esta semana e prolongaranse durante, aproximadamente, dous meses. A primeira das actuacións é levantar todo o terrazo, logo comprobarase si as canalizacións dos servizos de saneamento, pluviais, electricidade, gas e telefonía sufriron algún dano, repóndose todos aqueles que así o requiran, e finalmente colocarase formigón compactado, e sobre este o terrazo, co obxectivo de que non se repita o sucedido e volva ceder o firme.
O ocorrido neste caso sucedese xa noutro tramo desta mesma beirarrúa “e fóra reparado polo Concello xa no seu momento, fai uns dous anos”, lembra Carreira. Os traballos a realizar son moi importantes e significativos tanto desde o punto de vista estético como de practicidad e de propia seguridade, ao tratarse dunha zona céntrica e de gran tránsito de peóns, dando resposta ademais a unha demanda dos veciños da zona que requirían que se dese solución a este problema.











