O Centro Lustres Rivas de Riveira acolle unha xornada sobre innovación e emprendemento en Pemes
Este martes día 21 de xaneiro terá lugar no Centro Cultural Lustres Rivas unha xornada informativa ofrecida pola Factoría de Innovación da Coruña: un centro promovido pola Escola de Organización Industrial (EOI) e a Deputación da Coruña que ten por obxecto facilitar ás pequenas e medianas empresas a posta en marcha de proxectos innovadores que contribúan a dinamizar a súa actividade empresarial e mellorar os seus procesos de produción e xestión, favorecendo a implantación de iniciativas de I+D e innovación. Está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.
O programa consta dos seguintes apartados:
16.15 h.- Rexistro de asistentes
16.30 h.- Benvida
16.45 h.- Sesión 1: “A innovación e a Factoría de Innovación da Coruña”. Ponencia: “A innovación. Un reto de todos os días”. Mónica Citores, Consultora. Oficina Técnica FdI A Coruña.
17.15 h.- Sesión 2: “Incorporación do Proceso de Innovación na empresa”. Ponencia: “Actividades da Factoría de Innovación da Coruña”. Julio Sánchez. Consultor. Oficina Técnica FdI A Coruña.
17.45 h.- Networking.
Todos aqueles interesados en asistir á xornada poderán inscribirse de forma gratuíta enviando un enderezo electrónico a fdi_acoruna@eol.es.











