Doce rapaces de Riveira poderán participar na campaña de esquí organizada pola Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

A Deputación Provincial da Coruña pon en marcha este ano unha campaña de esquí na estación de San Isidro, na provincia de León, para que rapaces da provincia de entre 10 e 13 anos poidan gozar dunha fin de semana de estadía na neve.

O Concello de Riveira ten concedidas 12 prazas incluídas na 5ª quenda, que terá lugar do 21 ao 23 de marzo de 2014.

As solicitudes para poder participar nesta campaña deberán presentarse na Oficina de Deportes (Complexo Deportivo A Fieiteira) ata o día 28 de xaneiro. No caso de que haxa máis demanda que oferta, farase un sorteo entre todos os solicitantes.

A documentación requirida para poder participar nesta campaña é:

Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titores dos solicitantes nados no 2000, 2001, 2002, 2003.
Unha foto tipo carné.
Fotocopia da tarxeta sanitaria.
Carné de identidade ou fotocopia do libro de familia.
Copia de aboamento da cota de inscrición de 36 € (posterior á confirmación da praza por parte do concello).
No suposto caso de que o neno/a tivera que ter un tratamento especifico ou doenza que haxa que ter en conta , xustificante médico asinado polo facultativo pertinente (é necesario facer constar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo).

Para máis información e ficha de inscrición: http://www.dicoruna.es/deportes/actividades/esqui-2014

23 de xaneiro de 2014 | 13:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.